viernes, 15 de febrero de 2008

Nuestro amigo, Rubén Ferro cantante de O Barco de Valdeorras, presenta su candidatura a Eurovision Song Contes Belgrado 2008

Nuestro amigo Rubén Ferro, maestro de educacion especial ha presentado "De lo más importante" su apuesta personal para eurovisión.
Os trasladamos la noticia del períodica "La Región"
O barquense Rubén López Fernández tentará estar cos cinco finalistas do concurso que organizóu TVE para seleccionar ao representante español no festival de Eurovisión. O seu nome artístico, Rubén Ferro, elexido en lembranza da súa aboa, soará moito nas vindeiras datas, na fase previa á final do certamen.¿Cando empezou na música?
A levo dentro dende neno. A nivel máis serio, fixen dous cursos de solfeo no Conservatorio de O Barco, estiven na Banda de Gaitas e na Coral Polifónica de Ourense. Tamén competín no Festival de Cantautores de Ourense e gañei o Festival do Landro do 2003, en Viveiro (Lugo). Tiven dous papeis de extra en películas: “Pradolongo” e “Camiño de Santiago”.
¿Está adicado íntegramente á canción?
Non. Son licenciado en Psicopedagoxía e traballo no apoio a emigrantes no Instituto Lauro Olmo e no Colexio Otero Pedraio, de Viloira.
¿Cal é o estilo musical que máis lle gusta?
Fundamentalmente, o pop-rock, anque estou aberto á mestura de estilos.
¿Que lle levou a tentar participar en Eurovisión?
Entereime do concurso por unha amiga, que me dixo que buscase en internet. Participo coa canción “De lo más importante”, que fusiona pop-rock e música latina. O tema fala da amistade e como se complica co amor.
A votación é por internet. ¿Como se vota?
Para votar hai que entrar no link www.myspace.com/eurovision2008. Aparecen tódolos candidatos por provincias e o vídeo da canción. Tamén teño o meu espacio persoal en www.myspace.com/rubenferro. O prazo da votación escomeza o xoves 14 de febreiro e se poderán enviar CINCO VOTOS AO DÍA toda esta semana.
¿Cantos intérpretes compiten na fase previa?
Nesta fase, que organiza TVE, compiten uns 500 cantantes e 18 de eles son galegos. Eu non teño o respaldo de ningunha casa discográfica, polo que preciso o apoio da miña xente; non só por ser de aquí, senón porque o tema guste.
¿Cantos estarán na final do concurso de TVE?
Nesa final estarán os cinco máis votados en internet e outros cinco que elexirá un panel de expertos. Da gala sairá elexido o representante de España no certamen de Eurovisión. É a primeira vez que se fai así.
Rubén Ferro a Eurovisión

No hay comentarios: